Sobre nós
Casa Vilamor é unha típica casa de labranza galega do século XVIII transformada en aloxamento de turismo rural, sendo no seu día a escola da vila e vivenda do profesorado.
Mantén a súa esencia con algúns elementos arquitectónicos clásicos, como o seu hórreo ou a antiga lareira, así como a maioría de mobles e equipamento existente, respetando a esencia e proporcionando o máximo confort. Está situado na localidade galega de Escairón (O Saviñao), en plena Ribeira Sacra. Ideal para gozar das ladeiras do río Miño, os Canóns do Río Sil, a viticultura heroica, o Románico, a gastronomía e unha chea de lugares por coñecer.