Empleo

30/01/2023

Estamos a seleccionar un/a xefe/a de cociña para o Iberik Gran Balneario de Guitiriz en Lugo. Se a túa paixón é a hostalería e tes experiencia como Chef en banquetes e restaurante en Hoteis de 4*, envíanos o teu curriculum.

Buscamos unha persoa con alta vocación pola cociña, coñecemento e que posúa experiencia en xestión de equipos. Imprescindible estar familiarizado con métodos de produción orientados ao control exhaustivo de custos relacionados coa materia prima.

CONDICIÓNS:

  • Xornada de 40/semanais, en quendas rotatorias co seu correspondente descanso entre semana
  • Salario segundo convenio da Hostalería de Lugo (información concreta pola área de Recursos Humanos).
  • Haberá un período de proba.

REQUISITOS:
Formación

  • Ciclo formativo en grao superior de hostalería e turismo ou Estudos en Centros Superiores de Hostalería.
  • Formación en restauración.


Experiencia

  • Experiencia de polo menos 3 anos como xefe/a de cociña
  • Experiencia en xestión de equipos
  • Experiencia en control do bo funcionamento da cociña, planificación e preparación da oferta gastronómica.

TAREFAS:

  • Dirixir e planificar o conxunto de actividades do departamento e do persoal ao seu cargo e supervisión do seu traballo
  • Control da carta: porcións, mise en place, limpeza dos diferentes elementos de cociña e as zonas de traballo.
  • Xestión dos pedidos de cociña: provedores e comprobación de mercadoría e inventarios.
  • Formación, supervisión e motivación.
  • Control e desenvolvemento da operativa dos distintos puntos de venda (bufet, carta, eventos, bar snack, room service, etc).
  • Instruír ao persoal de cociña en canto ás técnicas e os procedementos necesarios para preparar e conservar os alimentos.
  • Preparación e cociña dos pratos da oferta gastronómica.
  • Supervisión do cumprimento das normas de seguridade e hixiene laboral.
  • Cumprimento das normas relacionadas coa xestión de residuos nas instalacións.
  • Cumprimento as boas prácticas ambientais.

Valoraranse as ganas de traballar e o compromiso coa empresa.

Posibilidade de promocionarse e de desprazarse a outros establecementos da cadea Iberik baixo petición do traballador/a