Estamos a seleccionar un/ha Maître para o Iberik Gran Balneario de Guitiriz en Lugo. Se es unha persoa dinámica, con iniciativa e autonomía, dotes de liderado e orientación ao cliente, e tes experiencia en servizos á carta, buffet e banquetes en Hoteis de 4*; este é o teu proxecto!
Traballarás nun lugar único e cheo de historia.
CONDICIÓNS:
- Xornada de 40/semanais, en quendas rotatorias co seu correspondente descanso entre semana
- Salario segundo convenio da Hostalería de Lugo (información concreta pola área de Recursos Humanos).
- A incorporación será no mes abril e directa pola empresa,
- Haberá un período de proba.
REQUISITOS:
- Formación en FP en Hostalería/Restauración
- Experiencia mínima de 2 anos en hoteis de 4*
- Bo manexo de ferramentas informáticas
- Coñecementos específicos de gastronomía e eventos
- Nivel alto de inglés e valorable un segundo idioma
- Valórase coñecemento e manexo de Simphony de Oracle
TAREFAS
- Planificar, organizar e coordinar implantando un método de traballo que englobe os recursos humanos e materiais para conseguir a máxima eficiencia
- O/a maître debe maximizar os ingresos, controlar os custos e os gastos e cumprir cos obxectivos financeiros mensuais/anuais (orzamentos) definidos pola dirección
- Igualmente debe asegurar que se cumpran os estándares de calidade marcados e que o persoal se atope formada e motivada.
- Realizar e supervisar, segundo proceda, os pedidos dos produtos do restaurante, adega, bar, mantemento e limpeza do departamento, conforme aos niveis de stocks definidos e o nivel de ocupación do hotel, respectando os provedores homologados pola empresa.
- Realizar inventarios e controis de materiais, mercadorías, etc. de uso no departamento da súa responsabilidade.
- Aconsellar aos clientes, a petición, na elección de comidas e/o bebidas.
- Asegurar a máxima satisfacción do cliente durante a súa estancia.
- Dirixir, supervisar e planificar o conxunto de actividades do departamento e do persoal ao seu cargo.
- Seguimento do cumprimento das normativas.
- Elaboración da oferta gastronómica xunto ao chef.
Posibilidade de promocionarse e de desprazarse a outros establecementos da cadea Iberik.