Se queres desenvolverte e formar parte dun equipo de traballo no que medrar, esta é a túa oferta.
Cales serán as túas funcións?
- Recibir aos hóspedes á súa chegada ao hotel.
- Realizar o check-in e check-out dos hóspedes.
- Xestión de reservas e cancelacións.
- Atención telefónica e xestión de correos electrónicos.
- Xestionar os movementos e transaccións económicas no mostrador.
- Promover os produtos e servizos do hotel.
- Informar sobre as instalacións do hotel.
- Realizar accións de Up-selling e Cross-selling.
- Manexo e xestión de incidencias, queixas e reclamacións.
- Seguridade e control do establecemento.
- Coordinar relacións interdepartamentais.
- Ofrecer información turística a hóspedes e clientes.
Que condicións ofrecemos?
- Incorporación inmediata.
- Remuneración competitiva segundo convenios.
- Horario con quendas de mañá e tarde.
Que requisitos tes que cumprir?
- Formación: Diplomatura en turismo ou carreira afín.
- Coñecementos de xestión de aloxamentos turísticos.
- Experiencia mínima de 2 anos en posto similar.
- Habilidades en comunicación, verbal e escrita.
- Coñecemeentos dos sistemas Ofi hotel e/ou Opera.
- Idiomas: Castelán-Inglés. Valóranse coñecementos doutros idiomas.