Se queres desenvolverte e formar parte dun equipo de traballo no que medrar, esta á túa oferta.
Cales serán as túas funcións?
- Seguir os procedementos e pautas establecidas pola cadea.
- Preparar a área de traballo para o servizo.
- Realizar a atención ao cliente para o consumo de bebidas ou comidas.
- Colaborar na montaxe, servizo e desmontaxe de bufetes.
- Colaborar co/a xefe/xefa de sala na preparación e desenvolvemento de acontecementos especiais.
- Cobro en caixa/TPV.
- Presentar o menú e proporcionar información detallada de elaboracións.
- Ofrecer recomendacións sobre as diferentes opcións dispoñibles se se solicitan.
- Tomar as ordes de comida e bebida con precisión.
- Comprobar a limpeza e presentación dos pratos e informar de calquera problema.
- Desenvolver un ritmo de traballo eficiente que manteña aos clientes satisfeitos, tanto na cafetería como no restaurante, en todo momento.
- Levar a cabo un excelente servizo de comidas e bebidas.
- Manter en bo estado a área de traballo, os equipos e utensilios.
- Desenvolver as actividades de servizo e atención ao cliente.
Que condicións ofrecemos?
- Incorporación inmediata.
- Remuneración competitiva segundo convenios.
- Horario con quendas de mañá e tarde.
Que requisitos deberás cumplir?
- Formación específica como camareiro/a.
- Experiencia mínima de 2 anos en posto similar.
- Habilidades en comunicación, verbal e escrita.
- Boa presenza.
- Coñecementos de informática a nivel de usuario.
- Idiomas: valórase coñecementos de Inglés.