Empleo

30/01/2023

Se queres desenvolverte e formar parte dun equipo de traballo no que crecer, esta é a túa oferta.


Cales serán as túas funcións?

  • Recepción, atención ao cliente e realización dos servizos no balneario
  • Manter a área de piscina e as cabinas en perfecto estado e orde durante e unha vez finalizado o servizo ou tratamento.
  • Dar información aos clientes acerca de calquera servizo que se ofreza no centro.
  • Detectar novas necesidades de clientes e transmitilas aos seus superiores
  • Facer cumprir as normas de réxime interno das instalacións
  • Vixilancia das instalacións do circuíto

Que condicións ofrecemos?

  • Incorporación en maio 2023.
  • Remuneración competitiva segundo convenios.
  • Horario con quendas de mañá e tarde.

Que requisitos tes que cumprir?

  • Formación: Ciclo superior de estética hidrotermal ou de animación de actividades físicas e deportivas, ou experiencia demostrable de polo menos 1 ano en servizos similares.
  • Habilidades en comunicación, verbal e escrita.
  • Capacidade para traballar en equipo.
  • Flexibilidade horaria.
  • Coñecementos dos sistemas Ofi hotel e/o Opera.
  • Idiomas: Castelán-galego, valórase coñecementos doutros idiomas.

 


Inscríbete á oferta!