Actualidade

15/06/2021

 

Es un golfista menor de 25 anos con licenza de afeccionado en vigor e un hándicap nacional? A semana do golf de IBERIK Hoteles está pensada para ti.

REGULAMENTO

A semana do golf de IBERIK Hoteles está limitada a 90 xogadores con hándicap exacto 36. Ademais, as participacións xestionaranse por orde de inscrición e reservarase un mínimo de 20 prazas por categoría.
 
En canto á variante, basearase en tres días de xogo baixo a modalidade Medal Play cunha clasificación final acumulada, masculina e feminina, e premios para os mellores scratch e hándicap en categorías Absoluta, Sub 18 e Sub 14.

PROGRAMA

Luns 21 de xuño - Día de entrenamiento.

Martes 22, mércores 23 e xoves 24 de xuño - Torneo Oficial.

ITINERARIO

O primeiro día as saídas realizaranse por orde de hándicap puidéndose escoller mañá ou tarde.
 
O segundo día faranse por orden de clasificación scratch.
 
O derradeiro día faranse por orde inversa de clasificación scratch.


NORMATIVA

No caso de empate na categoría individual absoluta SCRATCH, tanto feminina como masculina, procederase a un desempate polo procedemento de morte súbita nos buratos que determine o comité. Nas demais categorías, procederase á clasificación hándicap.
 
Ademais, prevalecerán os Scratch por enriba dos Hándicap e os premios, agás os mellores Approach, non serán acumulables.
 
Regra dos 50 metros:
 
Durante a celebración da proba, os pais, acompañantes, amigos e outros espectadores deberán desprazarse polo rough suficientemente afastados dos xogadores para non interferir no denvolvemento axeitado dos partidos. Nos greens tamén hai que manter unha separación suficiente cos xogadores. O obxectivo é non interferir no denvolvemento do xogo e non amolar cando van patear.
 
Ademais, ninguén deberá dar aos xogadores ningún tipo de consello, sinal, advertencia ou axuda. As dúbidas sobre o regulamento solucionaranse exclusivamente cos árbitros e/ou comité da proba e, do mesmo xeito, non se deben meter na conversa entre estes e os xogadores/as.
 
Lembramos que tanto os pais como os acompañantes deben cumprir coas normas de etiqueta, educación e comportamento.

PREMIOS

“SEMANA Trofeo Gañador e Gañadora Absoluto Scratch.
 
“SEMANA IBERIK HOTELS” Trofeo Gañador e Gañadora Sub 18 Scratch.
 
“SEMANA IBERIK HOTELS” Trofeo Gañador e Gañadora Sub 14 Scratch.
 
“SEMANA IBERIK HOTELS” Trofeo Gañador e Gañadora Absoluto/a Hándicap.
 
“SEMANA IBERIK HOTELS” Trofeo 2º Clasificado e 2ª Clasificada Absoluto/a Scratch.
 
“SEMANA IBERIK HOTELS” Trofeo 2º Clasificado e 2ª Clasificada Sub 18 Scratch.
 
“SEMANA IBERIK HOTELS” Trofeo 2º Clasificado e 2ª Clasificada Sub 14 Scratch.
 
“SEMANA IBERIK HOTELS” Trofeo 2º Clasificado e 2ª Clasificada Absoluto/a Hándicap.
 
Mellor Approach: cada día premiarase o mellor Approach nun par tres do percorrido.
 
Drive máis longo: haberá un premio para o Drive máis longo masculino e feminino. Será para o mellor des tres días de competición.
 
Ademais, cada xogador será obsequiado cun agasallo do Club e unha invitación para xogar a proba de venres ou sábado do Circuíto Nacional Camiño a Compostela.

INSCRICIÓNS

Para máis información e inscricións chama ao 982 456 705 / 663 857 199 ou envía un correo electrónico a golf.augassantas@iberikhoteles.com
 
Agardamos por ti!