O vindeiro 23 | 24 de xullo dará comezo o I Circuíto de Golf IBERIK Hoteles, que consta de tres torneos independentes e unha final que terán lugar ao longo do verán no IBERIK Augas Santas, ubicado en pleno corazón da Ribeira Sacra.
Poderán participar xogadores con licenza federativa e hándicap en vigor, emitidos pola RFEG, a Federación Portuguesa de Golf ou outras que poidan acreditar un certificado de hándicap.
As probas disputaranse a 18 buratos na modalidade individual stableford handicap, con hándicap exacto limitado a 26,4 para homes e 36,0 para mulleres. Os xogadores con hándicap superior poderán participar adaptando o seu hándicap ás limitacións indicadas.
VINDEIRAS DATAS
Os seguintes torneos celebraranse o 30 | 31 de xullo e o 6 | 7 de agosto. Mentres que a final disputarase o 22 | 23 de outubro. Todos os interesados poden realizar xa as súas inscricións por correo electrónico a golf.augassantas@iberikhoteles.com ou chamando ao 982456705 / 663857199. Ademais, daranlles información dos packs especiais que o hotel diseñou para os participantes no torneo.
INSTALACIÓNS
O campo de golf foi deseñado por Alfonso Vidaor membro do Instituto Europeo de Arquitectos de Campos de Golf, consta de 18 buratos, con percorrido par 70, onde os xogadores ademais de practicar o seu deporte favorito, gozarán da contorna natural en que está situado.
Ademais, o IBERIK Augas Santas Balneario & Golf **** dispón dun balneario que se abastece de mananciais naturais de augas sulfurosas, moi recomendables para o tratamento de doenzas relacionadas co aparato locomotor e especialmente indicadas para tratar lesións neurolóxicas, das vías respiratorias e da pel.
Unha proposta que non estaría completa sen unha boa oferta gastronómica como a do seu restaurante, cunha carta de deliciosas receitas locais e un suculento menú que inclúe pratos como pincho de polbo á prancha, revolto de grelos con gambas ou lombo de rodaballo ao forno.
Como ves, durante a túa estancia no IBERIK Augas Santas Balneario & Golf poderás gozar, non só do teu deporte estrela, senón tamén doutras múltiples ofertas de ocio que che farán vivir unha experiencia completa.
Agardamos por ti!