Se estás lendo isto significa que xa deches o primeiro paso para pasar a formar parte da familia IBERIK Hoteles. Unha familia que decididiu dar un paso adiante e poñer en marcha un proxecto cheo de ilusión e paixón polos detalles.
Estarás dacordo con nós en que ao longo do último ano, o xeito de relacionármonos os uns cos outros e de nos divertir no noso tempo de lecer viuse condicionado. Pouco a pouco adaptámonos a traballar desde a casa e a gozar das vacacións en pequenas doses. Pero coidamos que chegou o momento do cambio e por iso…Abrimos as nosas portas!
Hoteles con alma
Ninguén dixo que este camiño fose ser doado, pero a ilusión e experiencia de todos os que formamos esta gran familia é todo o que precisamos para facer de IBERIK a alternativa de ocio perfecta para todas aquelas persoas que buscan unha forma diferente de relacionarse, viaxar e gozar do seu tempo de lecer. Grazas a isto, cando chegues a un Hotel IBERIK sentirás que chegaches a un lugar en que están agardando por ti. Un lugar pensado e creado para ti. Un lugar con alma.
Os nosos hoteis
Aínda non coñeces os Hoteles IBERIK? Preme en cada un deles e descubre todas as súas características:
- IBERIK Augas Santas Balneario & Golf ****
- IBERIK Rocallaura Balneari ****
- IBERIK Santo Domingo Plaza Hotel ****
- IBERIK Triacastela Hotel **
E isto non é todo. Se che apetece comezar a vivir xa a experiencia IBERIK, durante tempo limitado estarán activas unhas ofertas especiais para todos os que fagades unha reserva a través da web, ou contactando cos hoteis. Non as perdas!
Se che xorde calquera dúbida ou queres facer unha reserva contacta connosco. Estaremos encantados de axudarche. Tamén podes seguirnos nas nosas redes sociais de Facebook e Instagram para non perder ningunha das novidades de IBERIK Hoteles.
Agardamos por ti!