Actualidade

15/11/2021

Cataluña é un paraíso para os amantes das vilas medievais e conta con algúnhas das máis fermosas e mellor conservadas de España. As máis coñecidas, como Besalú ou Miravet, son visitadas por milleiros de persoas cada ano, que acoden a inmortalizar as súas rúas e prazas de postal. 
 
Pero existen pequenas xoias aínda por descubrir, como Rocallaura, unha pequena localidade de pouco máis de 70 habitantes que se atopa nun enclave privilexiado da comarca de Urgel. Situado no concello de Vallbona de les Monges, ofrece a quen o visita unha experiencia na que non cabe o estrés nin a présa. 
 
Para que non perdas todo o que esta encantadora localidade ten que ofrecer, desde o IBERIK Rocallaura Balneari**** propoñémosche uns cuantos plans para gozar só, en parella ou en familia. Comecemos!

 Visita a vila de Rocallaura

Malia ser unha vila de pequenas dimensións, é un pracer percorrela a pé e deixarse levar polo aire de tranquilidade e relax que nelas se respira. Entre as súas casas e edificios medievais destaca a Igrexa de Sant Llorenç, en honra de San Lourenzo mártir. En 1900 realizáronselle as últimas reformas, nas que se construíu o camarín en que se atopa aínda hoxe a talla da Mare de Déu del Tallat.
 
Rocallaura contaba durante o medievo cun castelo cunha estrutura que servía como defensa dos habitantes da localidade. Malia que unha grande parte se perdeu ao longo dos séculos, aínda se conserva parte da súa muralla defensiva, incorporada agora ao trazado das súas rúas. Tamén é posible pasar mentres se pasea por un dos portais que servían de entrada ao recinto amurallado e que aínda conserva as marcas do soporte da porta que no pasado o pechaba.
 
Mentres paseamos sen présa debemos ficar atentos, pois ao noso paso, colocadas case coma se dun segredo se tratase, veremos xoias como o antigo bebedeiro, a Cruz do Término ou a Praza Nova.

Roteiro ao Santuario do Tallat con parada en Montblanquet

Agora que xa coñecimos a vila de Rocallaura, que che parece facer un pouco de sendeirismo pola Serra do Tallat para gozar dunhas vistas espectaculares desde o mirador do santuario? Trátase dun roteiro cun percorrido total de 15.6 km que non presenta dificultade, polo que, en principio, tanto adultos como nenos poden facela. Non te preocupes, faremos parada na metade do camiño para descansar e repoñer folgos.
 
Comezaremos o roteiro no inicio do Camí de Montblanquet, que se atopa a carón do IBERIK Rocallaura Balneari. Nunha das saídas de glorieta veremos o indicador do Camí de Montblanquet, que debemos seguir. Este camiño de terra está perfectamente sinalizado, así é doado seguir os 3.25 km que nos farán chegar á vila veciña que da nome a este traxecto. O percorrido é relaxado, situado en plena natureza e rodeado de campos de trigo, olivos e viñas.
 
Ao final do camiño chegaremos a Montblanquet, unha vila pequena pero chea de encanto composta por casas de pedra, tan típicas desta zona de Cataluña. Se o desexamos, podemos deternos a descansar ou seguir cara ao santuario. Para continuar a nosa subida ao mirador debemos tomar un camiño que comeza nunha das entradas á vila, marcado cunha cruz e un sinal que indica a dirección cara a Tallat.
 
Este treito do roteiro, de 3 km, non ten perda, xa que abondará con seguir o camiño sinalado. A ascensión faranos acadar os 787 metros de altura, que lle outorgan ao Santuario de Tallat as impresionantes panorámicas da Serra. O santuario foi construido no século XVII e o seu estilo pertence ao gótico tardío.
Para volver a Rocallaura deberemos facer o mesmo camiño en sentido inverso, podendo parar outro intre para descansar en Montblanquet.

Almorzo entre viñedos e visita a Vallbona de les Monges

Queres vivir unha experiencia única gozando da gastronomía da comarca? O Val do Corb está repleto de oliveiras, amendoeiras, viñedos e campos de cereais, así que é o destino ideal para os máis foodies. O plan que che propoñemos está especialmente pensado para todos aqueles que visiten Rocallaura nos meses de verán e primavera, aínda que pode realizarse en calquera momento do ano.
 
L’Olivera é unha cooperativa de traballo e iniciativa social que elabora viños e aceites ecolóxicos, emprazada no próximo concello de Vallbona de les Monges (atópase apenas a 6.4 km de Rocallaura). Entre as moitas actividades que ofrece ao visitante está o almorzo na Viñeta de Missenyora, que inclúe un paseo pola viña, almorzo con produtos da terra, cata de 3 viños e o aceite de L'Olivera. Ofrécese os sábados e os domingos a grupos de 4 persoas mínimo e pode reservarse por teléfono ou a través do correo electrónico.
 
Unha vez que teñamos gozado do delicioso almorzo e a visita a L’Olivera, xa teremos enerxías para achegarnos á pequena pero coqueta vila e visitar, ademais das súas rúas, o Mosteiro de Vallbona de les Monges, ao que a localidade debe o seu nome. Construído no século XII, o centro monacal segue activo na actualidade e é o cenobio feminino máis importante de Cataluña. Foi declarado Monumento Nacional en 1931 pola Real Orden, e pode visitarse por libre ou mediante a reserva de visita guiada. Calquera das dúas opcións é imprescindible na vosa viaxe a Rocallaura.
 
Como xa terás comprobado, a zona en que se atopa IBERIK Rocallaura Balneari é ideal para apagar o móbil, descansar, conectar coa natureza e vivir sen présas. Agardamos que os nosos plans che sexan de axuda para planificar unha fin de semana de desconexión total. Volverás coas pilas cargadas!  ;)