Actualidade

07/07/2021

O Principado de Asturias é un destino turístico en tendencia nestes días. Queres descubrir paraísos naturais e zonas mariñeiras? Ou prefires visitar monumentos emblemáticos? En Asturias telo todo á túa disposición.
 
Se es de montaña, poderás escoller entre parques naturais, parques nacionais e mesmo a súa reserva nacional. Se es máis de praia, tes para elixir máis de 200 na costa asturiana incluíndo a curiosa Praia de Gulpiyuri, unha das máis pequenas do mundo. 
 
Para que non abafes buscando plans que facer en Asturias, desde o IBERIK Santo Domingo Plaza Hotel ímosche facilitar uns plans turísticos interesantes cos que coñecerás as zonas de obrigada visita, máis aló da Catedral Metropolitana de San Salvador de Oviedo.

Oviedo, capital do Principado

  • Opción 1: Que che parece se deixas o coche aparcado e dás unha volta polos imprescindibles de Oviedo? Podes comezar cunha visita á zona de Fontán, onde descubrirás os monumentos e recunchos máis característicos da fermosa cidade. Recomendámosche unha visita ao bonito casco histórico de Oviedo e, para iso, comezar coa Plazuela de Daoiz y Velarde. Segue co famoso Mercado del Fontán que porá á túa disposición o comercio de proximidade e os produtos locais. Continúa coa Praza da Constitución, un espazo de valor histórico que, xunto coa praza da catedral, é das máis importantes da cidade. Logo, podes visitar a escultura urbana “El vendedor de Pescado” e despois a escultura de “La lechera”, unha obra homenaxe ás mulleres que realizaban o labor de distribuír leite no centro antigo de Oviedo. A seguinte parada será a mítica calle Mon, centro neurálxico da noite ovetense. Unha vez chegado a este punto, tes que visitar a Praza Corrada del Obispo, outro rincón do centro histórico imprescindible. Continúa agora ata o Museo Arqueolóxico de Asturias para descubrir o patrimonio asturiano. As exposicións permanentes desvelaranche un percorrido arqueolóxico con pezas da idade Prehistórica á Medieval. Para rematar o día, non hai mellor plan que vivir a calle de Gascona e o seu famoso Bulevar da Sidra. Poderás escoller onde comer os mellores pratos típicos, entre eles, cachopo, fabada ou tortos de millo que, ademais, poderás acompañar da mellor sidra con denominación de orixe. É un plan redondo!

Consulta o itinerario do roteiro.

  • Opción 2: E se te culturizas e, ademais, tomas un par de delicatessen típicas de Oviedo? A túa primera parada será no Museo de Belas Artes de Asturias, o máis importante da comunidade, xa que conta con case 15.000 obras entre esculturas, pinturas, debuxos, gravados e artes industriais. A exposición permanente consta de 800 obras que poderás descubrir. A seguinte parada é moi doce, e débese a que vas coñecer a confitería Rialto, onde probarás as Moscovitas. Son unhas finas pastas de chocolate e améndoa. Ambrosía para o padal! Dá un paseo polos coidados xardíns do parque de San Francisco e non esquezas quitar unha foto conmemorativa xunto a Mafalda. Coñeces o hotel de La Reconquista? Un dos relevantes escenarios dos premios Princesa de Asturias. Será a túa seguinte parada. Continúa o teu roteiro coa visita á Basílica de San Juan El Real de estilo historicista ecléctico moi ornamentado. Desde este punto, baixa pola Calle de las Milicias Nacionales ata o Teatro Campoamor. Se che gusta a ópera, bota unha ollada á súa programación porque poderás atopar á creme da creme internacional. Para rematar o día, farémolo por todo o alto cos carbayones da Confitería Camilo de Blas. Os carbayones son a representación de Oviedo feita doce desde 1924. Se estás a preguntar que significa a palabra carbayón, aclarámosche que é un xentilicio agarimoso que se dá ás persoas que viven en Oviedo en conmemoración ao carballo centenario que se ubicaba na calle Uría.    

Consulta o itinerario do roteiro.

  

Prerrománico e museos

Apetéceche unha mañá visitando monumentos? Estás no mellor lugar para descubrir cinco monumentos declarados Patrimonio da Humanidade pola Unesco entre 1985 e 1998. Podes facer o roteiro camiñando pero, neste caso, recomendámosche usar o coche para os desprazamentos. 
 
Comeza coa Igrexa de San Julián de los Prados para ver de primeira man a arte asturiana do século IX. Continúa con Santa María del Naranco. Terás ante ti outro espectacular edificio de arte “ramesiense” dentro do prerrománico asturiano. A uns pasos tes a seguinte parada, a Igrexa de San Miguel de Lillo, outro monumento Patrimonio da Humanidade desde 1985. 
 
Remata o percorrido prerrománico co Monumento al Sagrado Corazón de Jesús, escultura urbana en pedra, datada de 1980, e creada por Gerardo Zaragoza e Rafael Rodríguez Urrusti. Con este percorrido poderás dicir con rigor que... O prerrománico asturiano non será un descoñecido para ti! 

Consulta o itinerario do roteiro.

 

Vilas Marineras ao Oriente de Asturias

Queres coñecer auténticas vilas mariñeiras? O oriente de Asturias conta con localidades preciosas e recoñecibles que non podes perder. 
 
A primeira parada atópase ao oriente de IBERIK Santo Domingo Plaza Hotel, máis concretamente no Faro de Lastres, Llastres en asturiano. É o derradeiro faro construído en funcionamento na comunidade e desde el terás unhas vistas espectaculares do Mar Cantábrico e a costa asturiana. Despois do faro, tes que visitar a vila de Lastres, unha da máis fermosas de Asturias. Pasea por recunchos con encanto que teñen sido plató de series televisivas como Doctor Mateo. Repón forzas na propia vila mariñeira xantando pratos típicos asturianos, non tan coñecidos pero si deliciosos, como son o pastel de cabracho ou os fritos de Pixín. 
 
Continúa coas impresionantes vistas do Mirador do Fitu e, como colofón, coñece Ribadesella. Esta vlla mariñeira é coñecida polo descenso internacional do Sella e a súa festa de Interese Turístico Internacional. E se aínda quedas con folgos e es amante dos fósiles e os dinosaurios, tes que coñecer o Museo do Xurásico de Asturias. Pero se pola contra prefires os temas prehistóricos, recomendámosche as pinturas da Cova de Tito Bustillo. Un día para a posteridade!

Consulta o itinerario do roteiro.

 

Parque Nacional dos Picos de Europa

O plan que che propoñemos a continuación é dos que hai que facer si ou si en Asturias. Sabes onde quedan os Lagos de Covadonga? Covadonga, primeira capital do antigo Reino de Asturias, atópase ao leste do IBERIK Santo Domingo Plaza Hotel e quizáis che sone porque é unha etapa moi coñecida da Vuelta Ciclista a España, tanto pola súa dureza como pola súa beleza. Así que… Descúbrea!
 
Para un día de 10, comeza coñecendo Cangas de Onís, berce da Reconquista. Esta localidade conta con fermosos recunchos incluínda a Ponte Romana máis icónica de toda Asturias. A fotografía con ela é de rigor vacacional.  
 
Segue visitando o Santuario, a Santa Cueva e a Basílica de Covadonga que forman parte do Parque Nacional dos Picos de Europa. Como colofón, completa o día subindo aos lagos. Quedarás abraiado!

Consulta o itinerario do roteiro.

 

Asturias, Paraíso Natural

É a icónica frase de presentación do Principado de Asturias e, como poderás imaxinar, é un orgullo para as persoas que viven na comunidade. A calidade das paraxes naturais asturianas e o seu grao de conservación son, sen dúbida, os elementos máis característicos das terras asturianas. Tes que coñecer os ríos salmoneiros, os litorais asturianos cos seus abruptos cantís de caliza, así como as montañas escarpadas perfectas para practicar escalada.  
 
Para que conectes coa natureza de Asturias propoñémosche facer un roteiro: as Foces do Río Pendón. Este roteiro circular de 10 kilómetros,  moi preto da localidade de Nava, atópase no oriente asturiano. Nela poderás gozar das vistas das paraxes naturais, a fauna local á beira do río e, cun chisco de sorte, pode que ata vexas algún cervo nas ladeiras. O roteiro comeza e remata en Fuensanta, máis concretamente, onde se atopa a embotelladora de auga asturiana de igual nome e conta con zona onde poder deixar o coche. 
 
Unha vez feito o roteiro, aproveitando que estás moi preto, visita o Museo da Sidra na propia localidade de Nava. No seu espazo expositivo descubrirás como é o ciclo da sidra e poderás ver colmeas de abellas. Iso si,  non esquezas reservar cita!   
 
Consulta o itinerario do roteiro.
 
Desde IBERIK Santo Domingo Plaza Hotel agardamos ser de axuda cos teus plans vacacionais polo paraíso natural asturiano. Achégate uns días a coñecer Asturias porque quen proba... Repite!  ;)