Actualidade

10/06/2021

Tanto se o teu plan é gastronómico, vinícola, en familia ou simplemente buscas facer unha escapada de reconexión coa natureza, recomendámosche que visites este fermoso destino turístico: a Ribeira Sacra.
 
A Ribeira Sacra atópase localizada entre Lugo e Ourense, enmarcada nas bacías dos ríos Sil e Miño. A súa capital, Monforte de Lemos, é a segunda poboación da provincia. Trátase dunha paraxe pouco coñecida cunhas inigualables paisaxes naturais candidatas a ser Patrimonio da Humanidade. Imaxinas coñecelos? Ademais, non podemos esquecer os seus numerosos monumentos románicos e os seus viñedos milenarios feitos para o deleite. 
 
Desde IBERIK Hoteles queremos que saques o maior proveito aos teus merecidos días de descanso no IBERIK Augas Santas Balneario & Golf e, para iso, preparamos uns plans perfectos adaptados ao teu gusto. Así que... Continúa lendo!

Zona de Pantón - A 4,2 Km do hotel.

Tres opciones para os amantes do viño e o bo xantar.

  • Opción 1: Propoñémosche unha visita ao Mosterio de San Salvador e unha parada para xantar na vila de Ferreira de Pantón. Continuamos a xornada coas vistas dos miradoiros de Pena Pombeira e da Cruz, e rematamos o día coa visita a Casa Moreiras e os seus viñedos que datan de 1962. Un plan que o ten todo!

Consulta o itinerario do roteiro.

  • Opción 2: Se o que buscas é facer un roteiro, recomendámosche, daquela, as fervenzas de ata 40 metros do roteiro de Augacaída - Castro de Marce. Logo, imos xantar a Casa Maiorga na vila de Ferreira, e que mellor xeito de pasar a tarde que coñecendo a histórica adega Finca Míllara. Un plan redondo! 

Consulta o itinerario do roteiro.

  • Opción 3: Comeza o día coa visita ao Ecomuseo de Arxeriz, emprazado nun antigo molino.  Para xantar, recomendámosche o restaurante Playa da Cova onde a calidade-prezo é excelente. Despois vai coñecer ao miradoiro Cabo do Mundo e, por último, é de obrigada visita á adega Abadía da Cova, onde serás tratado a corpo de rei. 

Consulta o itinerario do roteiro.

Dúas opcións para vivir en familia.

  • Opción 1: Que che parecería comezar cunha visita á Adega Casa Moreiras e xantar na aldea de Ferreira de Pantón? Despois podedes ir ver as incribles vistas dos miradoiros de Pena Pombeira e da Cruz e rematar coa escape room “La búsqueda”. Non temos dúbidas de que toda a familia gozará dun día para a lembranza. 

Consulta o itinerario do roteiro.

  • Opción 2: Se sodes unha familia das que gozan con actividades acuáticas, daquela, recomendámosche unha visita ao Ecomuseo de Arxeriz, unha parada no miradoiro de Cabo do Mundo, un xantar no restaurante Playa da Cova e un bo baño na praia fluvial xunto ao restaurante. Terás á túa disposición numerosas actividades na agua: pedaletas, barcas de remo, paddle surf, etc. Elixe a que máis che guste!

Consulta o itinerario do roteiro.

 

Zona de Sober - A 8.9 Km do hotel.   

Para este plan, propoñémosche comezar un pouco máis ao sur do IBERIK Augas Santas Balneario & Golf, máis concretamente na adega Malcavada situada na vila de Rosende. Logo, podes continuar cunha parada nos miradoiros de Santiorxo e Cadeiras onde gozarás das súas escarpadas vistas. O mellor sería que despois tomes un descanso comendo na mesma vila de Sober. Para poñer o broche final ao día, que mellor que unha visita guiada na oleiría Rectoral de Gundivós desvelando os segredos da oleiría 100% tradicional. Un plan con moito encanto que tes que descubrir!

Consulta o itinerario do roteiro.

 

Zona de Monforte de Lemos - A 9.4 Km do hotel.   

Tres opcións para os interesados en museos.

  • Opción 1: Que che parece pasar unha xornada percorrendo cada recuncho emblemático de Monforte de Lemos? Para que sexa un día de dez primeiro visita a Torre del Homenaje que data dos séculos XIII e XV. Continúa coa adega e o centro de interpretación do viño no Centro do Viño. A continuación, saborea un bo xantar no afamado e recoñecido restaurante O Grelo e por último para rematar a xornada, visita o Escorial galego, o colexio Nuestra Señora de la Antigua. Un plan perfecto para deixar aparcado o coche e estirar as pernas.

Consulta o itinerario do roteiro.

  • Opción 2: Suxerímosche que comeces a mañá cunha visita ao museo provincial: Pazo de Tor. Alí atoparás un edificio de estilo barroco que alberga unha colección de 3.000 libros de valor histórico. Despois podes tomar un delicioso xantar en Monforte para logo coñecer o Museo do Ferrocarril inaugurado en 2001. 

Consulta o itinerario do roteiro.

  • Opción 3: Velaquí vai a nosa terceira proposta! Primeiro comezas coa visita ao Museo Arte Sacro das Clarisas. Atoparás pezas de estilo italiano e sacro datadas nos sécuos XVI e XVII. Para repoñer forzas, un típico xantar en Monforte e para finalizar, que che parece coñecer a Casa de las Muñecas? Non perdas as súas pezas artesanais!

Consulta o itinerario do roteiro.

Unha opción para toda a familia.

Para o goce familiar coidamos que o mellor é que comeces coa visita guiada á Casa de las Muñecas e os seus xoguetes tradicionais, continúes cun saboroso xantar en Monforte e pases unha tarde familiar coñecendo o Museo del Ferrocarril de Galicia para desvelar os segredos dos trens do pasado. Pasaxeiros a bordo!

Consulta o itinerario do roteiro.

 

Zona de Puebla de Brollón - A 23,3 Km do hotel.   

Brollón atópase ao leste do noso hotel IBERIK Augas Santas Balneario & Golf. Nesta zona non podes pasar por alto a visita ao Castro de San Lourenzo e as impresionantes vistas do Miradoiro A Capela. A continuación, podes degustar un bo xantar da zona e pechar o día coñecendo a adega Val de Frade. Un plan completo para un día perfecto. 

Consulta o itinerario do roteiro.

 

Zona de Doade - A 23,8 Km do hotel.   

Dúas opcións con distintos medios de transporte.

  • Opción 1: Neste itinerario moverémonos cara o sueste do hotel IBERIK Augas Santas Balneario & Golf. Gustaríache comezar o día con paseo no Tren Turístico?  Pois en Aba Sacra, percorrerás os seus fermosos viñedos ao longo do Canón do Río Sil. Despois, poderás facer unha visita con degustación á adega Regina Viarum. Para xantar suxerímosche que o fagas na propia zona de Doade e máis concretamente, no restaurante A Cantina, con prezos para todos os petos. Remata o día cun inesquecible atardecer no Canón do Río Sil desde o miradoiro Do Duque. Aquí che deixamos este planazo!

Consulta o itinerario do roteiro.

  • Opción 2: Imos subir o nivel con esta proposta! Imaxinas percorrer o río Sil en catamarán? Para iso, terás que ir ata o embarcadoiro da Ponte do Sil, onde terás atracado un catamarán á espera de surcar o río Sil. Despois visitarás a adega Algueira onde poderás mercar, ao mellor prezo, os seus produtos con denominación de orixe. Fai unha parada para repoñer forzas cun tradicional xantar da zona no restaurante A Cantina e remata o día coas vistas desde os miradoiros de Pena do Castelo e do Chao. Un plan completo para unha escapada inesquecible!

Consulta o itinerario do roteiro.

 

Zona de Chantada - A 31,6 Km do hotel.   

A zona de Chantada atópase ao noroeste do hotel IBERIK Augas Santas Balneario & Golf e nela temos preparado outro plan incrible.
 
Que mellor xeito de comezar o día que cun paseo en catamarán polo río Miño saíndo desde o embarcadoiro de Belesar? Continuarás cunha visita gastronómica á vila de Chantada e, para rematar, unha parada na adega Vía Romana. Deste xeito, descubrirás a antiga calzada romana que comunicaba Astorga con Braga. Mellor imposible!

Consulta o itinerario do roteiro.

 

Zona de Parada de Sil - A 38,4 Km do hotel.

Comeza o día ao sur do hotel IBERIK Augas Santas Balneario & Golf cun pouco de cultura vinícola na adega Ronsel de Sil e os seus viñedos sostibles. Logo, leva coidado se tes vertixe porque as vistas que che propoñemos desde o Mirador Balcón de Madrid teñen un desnivel de 500m sobre a ribeira do Sil. Recupera forzas tomando un xantar na pintoresca vila de Parada de Sil e, por último, visita o patrimonio que forma parte do Mosterio e Parador de Santo Estevo. É espectacular!

Consulta o itinerario do roteiro.

 

Zona Castro Caldelas - A 38,9 Km do hotel.   

A zona de Castro Caldelas é a zona máis afastada do hotel IBERIK Augas Santas Balneario & Golf, pero paga a pena facer uns kilómetros para coñecer as Fervenzas Do Cachón e desfrutar das vistas do miradoiro de Matacás. Terás unhas fotos dignas dun influencer! Logo, continúa cun paseo por unha das vilas máis bonitas de España, Castro Caldelas. Alí atoparás unha fortificación medieval coroada cun castelo que forma parte do patrimonio histórico español desde 1985. Proba un xantar tradicional na zona e pecha o día cunha visita á adega Ponte da Boga, considerada a máis antiga da Ribeira Sacra.

Consulta o itinerario do roteiro.

 

Como extra, se che interesan as feiras e mercados locais onde poder respirar o ambiente tradicional e mercar produtos da zona, deixamosche aquí as datas máis relevantes para que poidas visitalas todas: 

  • Ferreira de Pantón: días 1 e 15 de cada mes. 
  • Sober: días 12 e 28 de cada mes. 
  • Escairón: días 8 e 19 de cada mes. 
  • Chantada: días 5 e 21 de cada mes. 
  • Rubián: días 14 e 29 de cada mes. 
  • Puebla de Brollón: días 11 e 25 de cada mes. 
  • Monforte de Lemos: días 6 e 24 de cada mes. 

 

Desde o IBERIK Augas Santas Balneario & Golf agardamos que todas as nosas propostas che inspiren e, sobre todo, che axuden a gozar ao máximo da túa estancia na Ribeira Sacra. Terás tantos recunchos con encanto para coñecer que de seguro que repites.
 
Agardamos por ti!