A auga mineromedicinal utilizada nos produtos TERMAQUA provén da Fonte de San Xoán de Lagostelle, recoñecida como mineromedicinal desde 1902, pero cun historial de uso que se remonta á época dos romanos. Esta auga caracterízase polo seu contido de xofre, cloro, sodio e flúor, o que lle outorga propiedades suavizantes e hidratantes, sendo especialmente recomendada para peles sensibles e con tendencia atópica. Deseñamos tres produtos: un leite corporal, un xel de ducha e un champú suave.
TERMAQUA LEITE CORPORAL
É un leite corporal de rápida absorción que deixa a pel sedosa e hidratada sen sensación graxa. Apta para todo tipo de peles, a súa fórmula enriquecida con auga mineromedicinal sulfurada é especialmente recomendada para peles sensibles e con tendencia atópica. Proporciona elasticidade, nutrición e firmeza á pel grazas á combinación da auga mineromedicinal, manteiga de karité e aceites de oliva, coco e macadamia. Ademais, está lixeiramente aromatizada con aceites esenciais de azahar e xasmín, que brindan unha sensación de frescor e benestar.
TERMAQUA XEL DE DUCHA
É un xel de ducha que achega suavidade e hidratación á pel grazas á súa composición en auga mineromedicinal da Fonte de San Xoán de Lagostelle. Contén, ademais, aceite de coco altamente nutritivo e proteína hidrolizada de coco para proporcionar unha reparación profunda na pel. O suave aroma cítrico e fresco achégano os aceites esenciais de azar e xasmín, deixando a pel cun aroma moi sutil e fresco.
TERMAQUA CHAMPÚ SUAVE
Un champú suave, pero que limpa en profundidade, devolvendo brillo e suavidade ao cabelo. A súa coidada composición facilita ademais o peiteado e evita o encrespamiento. Como oda a liña Termaqua, tamén contén auga mineromedicinal sulfurada, e está ademais enriquecido con betaína para suavizar a fibra capilar e facilitar o peiteado, así como aceite de coco que nutre e repara en profundidade, e os xa mencionados aceites esenciais de azar e xasmín que achegan un delicado aroma e unha sensación de benestar e frescor.
UNHA FORMA DIFERENTE DE FACER COSMÉTICA
Desde a súa concepción, IBERIK Hoteis fixemos unha firme aposta pola hidroterapia como un enfoque complementario para o coidado da saúde, e iso levounos a deseñar esta liña cosmética cun único propósito: coidarte. Estes tres produtos están dispoñibles tanto para desfrutar nos nosos hoteis como para a súa venda.