Cun relevo practicamente chan, así como os seus greens francos e ben protexidos, o campo de golf Augas Santas conta con tres enormes lagos no seu percorrido e un curso fluvial que cruza a área bordeando varios buratos, o que acentúa o protagonismo da auga no campo.
As súas dimensións de 5.344 metros están constituídas por dezaoito buratos, dos cales tres son pares 5, dez pares 4 e cinco pares 3, sumando en total un par 70. Ademais, as instalacións deportivas do Club de Golf Augas Santas, complétanse cunha cancha de prácticas de dous andares de 220 x 100 metros e un putting-green cunha zona de aproach de 1.000 metros cadrados.
Desde IBERIK Augas Santas Balneario & Golf pretendemos facer chegar o Golf a todas aquelas persoas que desexen coñecer este magnífico deporte. Non importa a edade nin o nivel, ofrecemos as maiores comodidades en canto a flexibilidade de horarios e dispoñibilidade de material.
Ademais, o campo alberga unha infinidade de torneos/circuítos de golf ao longo do ano:
CALENDARIO
- 3 xaneiro- Torneo Reis Magos.
- 10 xaneiro - 3ª Proba Liga Ribeira Sacra.
- 7 febreiro - 4ª Proba Liga Ribeira Sacra.
- 9 maio - Match Quality Golf.
- 10 maio - Proba Circuíto Profesional FG.
- 28 | 29 maio - Circuíto Comunidade Golf. Cartel
- 5 | 6 xuño - Campionato de Galicia Senior Masculino.
- 22 xuño - Proba sub valedeira Campionato do Mundo.
- 23 | 24 xuño - Proba Infantil valedeira Campionato do Mundo.
- 26 xuño - Circuíto Camino de Santiago.
- 11 xullo - Peña Glu-Blue.
- 16 | 17 xullo - Torneo Del Carmen. Cartel
- 21 | 22 xullo- AESGOLF. Clasificación
- 23 | 24 xullo - Torneo Birdie Circuito Golf Iberik Augas Santas. Clasificación | Premiados
- 30 | 31 xullo - Torneo Eagle Circuito Golf Iberik Augas Santas. Clasificación | Premiados
- 06 | 07 agosto - Torneo Albatros Circuito Golf Iberik Augas Santas. Clasificación | Premiados
- 14 agosto - Xoiería Camilo. Clasificación | Premiados
- 21 agosto - Concello Pantón. Clasificación | Premiados
- 29 agosto - Torneo Open Winners. Clasificación | Premiados
- 3 | 4 | 5 setembro - Circuíto Comunidade Golf. Clasificación
- 7 setembro - Proba Ruta Do Viño Individual 2021.
- 11 | 12 setembro - Campionato de Galicia SUB 14.
- 20 outubro - Final Circuíto Galego Senior.
- 22 | 23 outubro - Torneo Final I Circuíto Golf Iberik Augas Santas. Clasificación
INSCRICIÓNS
Para máis información e inscricións acerca dos torneos chama ao 982 456 705 / 663 857 199 ou envía un correo electrónico a golf.augassantas@iberikhoteles.com
Agardamos por ti!